Aris, eu chámote Aris
non Ari, como ti dis
porque a “s” faime prolongar o son
do teu nome
Aris, Aris, Aris
parece que te persigo
e algo de razón hai niso
xa non sei para que
cantos bicos che dei!
cantas apertas!
cantas ilusiones quebradas
a miña maternidade frustrada
Non sinto o meu corpo
busqueino e non o atopo
estará contigo
seguro que quedou entre las túas mans
quentes
Non mo dirás
agora embelesado con
Jackie
pero non sinto o corpo
quedou contigo
atrapado
atrapado no Cristina
sóubeno
moi ben aquela noite
navegante
non me colliches a man
a ela si a guiaches desde o seu
cóbado
Galante, si, galante
eramos un trío no teu iate
quen sobraba? eu?
despois de todo?
despois de amarte tanto?
Eu, eu estaba, pero nese momento
vibrante
xa no era a amante
ela estaba en corpo e
alma
eu so estaba de alma
o corpo estaba perdido
arrebatado
amolado
ferido de morte
o meu corpo foi teu
sempre foi teu
abandoneime a ti
segura que estaba
de que coidarías del e
de min
toda eu era túa
para ti, Aris
comprendín aquela noite
que non era a única
so unha muller
intercambiable
Eu tiña a voz
eu daba a nota
ela tiña un pasado
eu gañaba cando cantaba
ela, cando calaba
o seu silencio foi máis
poderoso
que a miña voz
Darei a nota
por derradeira vez
non o saberás, Aris
non saberás que esta será
a miña derradeira actuación
tampouco o saberá
o teatro
quero acabar dando a nota
a máis alta
non me quebrarei
pecharei os ollos
para non verte
no balcón
desde o que tantas veces
me admiraches
pecharei os ollos
e imaxinareite alí pegado
ó asento
mirando entre aparvado e interesado
será a miña derradeira
vez
Aris, Aris, Aris
que tristura tan grande!
que vida tan baleira
a miña!
que parvo es ti!
que astuta a Jackie!
que trío formaches
animaliño
pensas que te quere máis ca min?
que parvadas pensas
animaliño
eu quérote
quero dicir que te quixen
máis alá do material
máis alá do humano
Que veña Deus e
me diga
que non é certo
xa que importa
se saín e pechei
a porta
a chave ao mar
alí quedastes os dous
non quero saber
do voso encerro
como se vomitaches
no seu vestido de satén
se casaches sen probar
o seu aceso amor
seguramente
malamente
compostura, compostura
diría Jackie
hermosura, hermosura
dixeches
e leváchela ao altar
o catre pode esperar
se de Jackie se trata
isto é unha locura
con altura, con altura, con altura.
Poema longo, da Cegueira intrépida.
A proposta era: voces de outra xente...
Novembro, 2025.
No hay comentarios:
Publicar un comentario