miércoles, 25 de diciembre de 2024

Perdeuse na noite

 Mirarei por ti

detrás das árbores

das que rodean a casa

buscareite onde te agoches

agora e sempre

perdín o rastro

fico pasmada

aloucadamente te procurei

sen saber onde

nesta confusión me tes

ben mirado, ben mirado

non sei para que

estou perdida

sen saber a onde ir

onte por ti mataría

e hoxe non sei

o que faría

ben pensado, ben pensado

sería mellor

non facer nada

deixar que o paxaro

dea sinal de terte avistado

que te traia polos pelos

atado pola cintura

polos pés amarrado

como queira pero que volvas

ao sentidiño

deste lugar illado

de seguro que agradeces

estar localizado

para sempre ao meu lado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario