viernes, 7 de febrero de 2025

FUNME


 

Funme de alí

caladamente

coma un paxaro

voando baixo

pouseime cando o perdín de vista

naquel furado me metín

agocheime

escapeime

fuxín daquel lugar incendiado

pasei a noite vixiante

non quería tropezar

escorrentar o medo

bulir para alimentar o xenio

que me saía pola alma

querer e non poder

marchar e non deixar

aquel burato

acubillo de tronada

e tempestade

ninguén me esperaba

ao outro lado

miseria

moral, espiritual e física

pero miseria

coa que tropezas

sen querer

miseria humana

que choca nos

beizos

cando quero falar

pronunciar unha palabra

ofendida

unha miserable palabra

que voaba coma un lóstrego

cheguei e dixeron

aparecida

coma se fora a primeira

vez que me viran

voando entre nubes

brancas

algodóns que me levaban e

me traían

eu era para el a aparecida

vistes cousa igual?

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario