RETAZOS
Retazos de... versos sueltos
martes, 13 de enero de 2026
viernes, 5 de diciembre de 2025
viernes, 7 de febrero de 2025
FUNME
Funme de alí
caladamente
coma un paxaro
voando baixo
pouseime cando o perdín
de vista
naquel furado me metín
agocheime
escapeime
fuxín daquel lugar
incendiado
pasei a noite vixiante
non quería tropezar
escorrentar o medo
bulir para alimentar o xenio
que me saía pola alma
querer e non poder
marchar e non deixar
aquel burato
acubillo de tronada
e tempestade
ninguén me esperaba
ao outro lado
miseria
moral, espiritual e
física
pero miseria
coa que tropezas
sen querer
miseria humana
que choca nos
beizos
cando quero falar
pronunciar unha palabra
ofendida
unha miserable palabra
que voaba coma un
lóstrego
cheguei e dixeron
aparecida
coma se fora a primeira
vez que me viran
voando entre nubes
brancas
algodóns que me levaban
e
me traían
eu era para el a aparecida
vistes cousa igual?
miércoles, 25 de diciembre de 2024
Perdeuse na noite
Mirarei por ti
detrás das árbores
das que rodean a casa
buscareite onde te
agoches
agora e sempre
perdín o rastro
fico pasmada
aloucadamente te
procurei
sen saber onde
nesta confusión me tes
ben mirado, ben mirado
non sei para que
estou perdida
sen saber a onde ir
onte por ti mataría
e hoxe non sei
o que faría
ben pensado, ben pensado
sería mellor
non facer nada
deixar que o paxaro
dea sinal de terte
avistado
que te traia polos pelos
atado pola cintura
polos pés amarrado
como queira pero que
volvas
ao sentidiño
deste lugar illado
de seguro que agradeces
estar localizado
para sempre ao meu lado.
domingo, 15 de diciembre de 2024
Perdita
Suena el viento
contra la ventana aúlla
va diciendo
perdita
rompe el aire
contra la camelia
de mi ventana
perdita
dice y vuelve a repetir
como si nada
erre que erre
en esta tarde
de afonía
perdita
la gente se vuelve
mira y pregunta
qué es eso
eso que escuchamos
sin querer
perdita
palabras en remolino
aplastadas contra las faces
de los vecinos
y de los de más allá
aquí suena
perdita
pero no os preocupéis
que solo son palabras
de esas que nacen
en tiempos revueltos
de desaire y agonías
de las que llevamos
con nosotros
sin saberlo.
sábado, 7 de diciembre de 2024
Navegar
Sobre a repisa da xanela
avistando o horizonte
deixarei navegar
esta idea
ardente
este vaivén de
pensamento
tenme acoirazada
voume de ti coma do
inferno
coma do lume que prende
no chan
ardente
piso e non toco as
brasas
aínda queda ao lonxe o facho
aceso
ardente
voume de ti
desta idea ardente
que queima o camiño que
ando
volverei sobre a repisa
a avistar o horizonte
e deixarei de navegar
miércoles, 27 de noviembre de 2024
Queres
Queres que te bique
ou queres que che rife
vas andar así todo o día
rosmando detrás de min
loándome e queixándote
chorando e palmeando
deixa que chegue o día
sinalado
para que co ceo claro
che invoquen
o que temes e desexas
culpándome
han de vir con esas e
deixaralos correr
como corre o galo tras a
galiña
levantados do poleiro
sen picar almorzo
buscarán restos na eira
ó amencer
e nós na cama sen durmir
sen querer levantármonos
sen poder bicármonos
