Vinte colocando
alfombras
as flores dispostas
as veciñas ás portas
teus tíos nas xanelas
pasei sen ser vista
din que moceabas
coa pequena dos Vilar
eu miraba ás agachadas
non me vían
non me miraban
non me saudaban
por min non miraban
una nena andaba solta
dirían daquela
até que te vin
de fronte un día
fite a fite
casabas e mirábasme
marchabas pero volverías
con aquela lama nos pés
eu pisaba de pedra en
pedra
ti querías imitarme
non sabías saltar aquel
pantano
eu coñecía os segredos
do lugar
pero ti ías casar e
casaches
roubáchesme o repouso
infantil
non ía pasar por
perdedora
sabelo ben agora
que me buscas coa mirada
que bebes no bar da
esquina
que me mandas recados en
secreto
e esperas a ver se
aparezo
non sabía que aínda
xogas
coas pedras de salvación
cando ves terra, area e
folla
cada inverno dos teus
co mesmo pesadelo
coa chuvia ven o lodo
é o mesmo
nada muda
naquel bulleiro que
había
entre a túa casa e a
miña
No hay comentarios:
Publicar un comentario